Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

OS PRIVILEXIOS SEÑORIAIS E ECLESIÁSTICOS DAS OSTREIRAS NA RÍA DE AROUSA. SÉCULOS XVII – XVIII

Imagen
  OS PRIVILEXIOS SEÑORIAIS E ECLESIÁSTICOS DAS OSTREIRAS NA RÍA DE AROUSA. SÉCULOS XVII – XVIII A vida dos mariñeiros era moi precaria, de mera supervivencia, limitada por unha economía de subsistencia, pero a riqueza xerada era capitalizada polas mans mortas da nobreza e da aristocracia eclesiástica. Abacelada a poboación nos señoríos e dominios xurisdicionais, producía para manter unha cada vez máis inútil superestrutura social detentora non só dos medios de produción senón tamén das vidas das xentes do común. As Saiñas (Vilaxoán) ao carón do Esteiro, ano 1964 Nestes viveiros existían un dominio privativo de certos condes como: os de Monterrey, Fefiñanes, Castronuevo, Goyanes etc.. Estes prohibían aos pescadores “ ....cazar ostrias en ellos sino fuere con su licencia.....” , por considerar a ditas ostreiras naturais como propias e non comúns,, en base a antigas regalías herdadas no medievo.  Estas ostreiras, estaban limitadas por estacas e pedras e ningunha persoa podía ir a...